Viveiro, 3 de novembro de 2026. O Concello de Viveiro informa de que o I Concurso de Tute e Xogos de Mesa continuará os vindeiros 14 de novembro e 12 de decembro, tras a celebración da súa primeira xornada o pasado sábado 24 de outubro.
As dúas novas citas terán lugar no salón de actos do Conservatorio de Música de Viveiro, coa apertura da sala prevista para as 17:00 horas.
A actividade inclúe un torneo de tute por parellas e un espazo de xogos de mesa no que as persoas asistentes poderán gozar libremente do tute, parchís e outros xogos, sen necesidade de inscrición para esta última modalidade.
Os emparellamentos do torneo, nos que se indicará contra que parella deberá xogar cada participante, poderán consultarse nun cartel situado na porta de acceso ao salón de actos onde se celebra a actividade, tanto na segunda como na terceira xornada.
A programación está dirixida especialmente ás persoas maiores, aínda que permanece aberta á participación de todas as idades, ofrecendo un espazo de encontro e convivencia arredor dos xogos tradicionais.
As próximas xornadas celebraranse, polo tanto, o sábado 14 de novembro e o sábado 12 de decembro, ambas con apertura da sala ás 17:00 horas.