Concello de Viveiro

Concello

O Concello de Viveiro abre o prazo de inscrición para os colectivos interesados en participar na Cabalgata de Reis

As asociacións, comparsas e demais colectivos que desexen participar desfilando en grupo poderán comunicar a súa intención ata o domingo 13 de decembro.

Viveiro, 27 de novembro de 2026. O Concello de Viveiro abre o prazo de inscrición para todos aqueles colectivos, asociacións, comparsas e grupos que desexen participar no desfile da próxima Cabalgata de Reis.

As agrupacións interesadas deberán enviar un correo electrónico a [email protected] antes de que remate o domingo 13 de decembro, indicando o nome do colectivo e un teléfono de contacto.

Unha vez rematado o prazo de inscrición, convocarase unha reunión con todos os grupos participantes para coordinar a organización e concretar os detalles do desfile.

Desde o Concello de Viveiro anímase ao tecido asociativo e aos diferentes colectivos do municipio a participar nesta cita tradicional do Nadal, contribuíndo a encher as rúas de ambiente festivo e ilusión.

Inscrición para participar nas carrozas dos Reis Magos

O Concello informa, así mesmo, de que a finais de decembro se abrirá un prazo específico de inscrición para os nenos e nenas que desexen participar nas carrozas dos Reis Magos.

Trátase de dúas convocatorias diferenciadas, polo que o prazo aberto actualmente está dirixido exclusivamente aos colectivos que queiran participar desfilando en grupo na Cabalgata.