- O prazo de exposición pública estará aberto do 20 de outubro ao 7 de novembro, e o pago voluntario poderá realizarse ata o 22 de decembro.
Viveiro, 18 de outubro de 2025. O Boletín Oficial da Provincia publicou onte o anuncio de aprobación do padrón fiscal da «Taxa por ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras e outros elementos análogos con finalidade lucrativa (terrazas ano 2025)» do Concello de Viveiro, cun importe total de 60.163,38 euros. Con esta publicación, ábrese o período de exposición pública por espazo de 15 días hábiles, que se prolongará dende o luns 20 de outubro ata o 7 de novembro. As persoas interesadas que teñan dúbidas ou desexen realizar consultas sobre as liquidacións poden dirixirse ao Departamento de Tesourería do Concello.
O prazo de pago voluntario da taxa será do 22 de outubro ao 22 de decembro de 2025. As persoas que teñan o recibo domiciliado poderán solicitar o seu fraccionamento en tres prazos, co envío dos recibos nas seguintes datas: 18 de novembro, 18 de decembro e 18 de febreiro. As solicitudes de fraccionamento deberán presentarse antes do 6 de novembro. No caso de non solicitalo, o recibo domiciliado cargarase na súa totalidade o 18 de novembro de 2025.
De cara ao vindeiro ano, o Concello lembra que os establecementos que desexen instalar terrazas deberán presentar a súa solicitude, acompañada de toda a documentación requirida, antes do 31 de marzo. En caso contrario, non se lles autorizará a colocación da terraza.