Viveiro, 19 de novembro de 2025. O Concello de Viveiro acollerá o domingo 23 de novembro unha charla sobre altas capacidades. Organizara pola Asociación Asfanemor, desenvolverase entre as 10.30 e as 12.00 horas na Casa do Forno de Celeiro. A iniciativa está dirixida á veciñanza, ás familias, ás ANPAs e a todas as persoas interesadas en coñecer máis sobre este tema.
Durante a sesión, varias familias da asociación compartirán a súa experiencia. Explicarán vivencias reais e falarán de ferramentas útiles tanto para o fogar como para o ámbito educativo. Ademais, abordarán a importancia dunha detección temperá das altas capacidades. A actividade é de carácter gratuíto e a asistencia está aberta ata completar o aforo.
Ao remate da charla, Asfanemor realizará a inauguración oficial da asociación, que incluirá unha comida dirixida aos socios. Para máis información ou inscricións, a os interesados poden chamar ao teléfono 646 51 46 01 ou enviar un correo electrónico a asfanemorredes@gmail.com.