Concello de Viveiro

Festas

OS ABONOS PARA RESURRECTION FEST ESTRELLA GALICIA 2026 PARA AS PERSOAS CENSADAS EN VIVEIRO XA ESTÁN DISPOÑIBLES

Como cada ano, as persoas censadas no Concello de Viveiro dispoñerán de abonos normais e Pandemonium para o Resurrection Fest a un prezo reducido.

Esta iniciativa, impulsada polo Concello de Viveiro e Bring The Noise desde hai anos, non podía faltar na edición do Resurrection Fest 2026, que será a máis grande ata a data.

As persoas interesadas poderán adquirir estes abonos do Resurrection Fest Estrella Galicia a partir do próximo día 2 de decembro entre as 11:00 e as 14:00, e todos os venres, de 9:00 a 11:00 e de 12:00 a 14:00, no Departamento de Xuventude do Concello de Viveiro situado na Praza Maior.

A continuación resumimos os pasos que deberás seguir para adquirir estes abonos:

PASOS PARA MERCAR O TEU ABONO:

1 – Escanea o código QR que atoparás na oficina de Xuventude situada no Concello.
2 – Ese código QR levarate a un formulario. Cúbreo introducindo os teus datos persoais (nome, apelidos, DNI, correo electrónico…) e preme en ENVIAR.
3 – Nese mesmo momento, na oficina dos Claustros de San Francisco comprobarán o formulario, o teu DNI e que o teu nome figure no censo de Viveiro.
4 – Unha vez comprobado isto, poderás realizar o pago do teu abono normal ou do teu abono Pandemonium. O pago debe realizarse unicamente mediante tarxeta de crédito/débito.
5 – Unha vez feito o pago, a persoa encargada da venda porá o teu nome e DNI na entrada e entregaracha no mesmo momento da compra.

Nota: Lembramos que os abonos son persoais e intransferibles e só poderán ser usados polas persoas que figuren no censo. Non se poderán ceder a terceiras persoas. Só se permite a compra dun abono por persoa.