Viveiro, 22 de decembro de 2025. O Concello de Viveiro habilitou unha nova aula de estudo para as vacacións de Nadal. Trátase da aula número 1 da UNED, situada nos Claustros de San Francisco. O obxectivo é ampliar os espazos dispoñibles para o estudo.
O novo espazo de estudo estará aberto co mesmo horario que a Biblioteca Municipal: de luns a venres de 8.30 a 15.00 e de 16.30 a 20.30 horas, e os sábados de 10.00 a 14.00 horas.
A decisión de habilitar esta aula responde ao incremento de usuarios e usuarias que se produce nestas datas, xa que moitos estudantes regresan a Viveiro durante as vacacións de Nadal e a afluencia á Biblioteca Municipal increméntase.