O Pleno ordinario do Concello de Viveiro celebrarase o mércores 14 de xaneiro

A sesión dará comezo ás 19.30 horas na Casa Consistorial.

Viveiro, 12 de xaneiro de 2025. O Concello de Viveiro celebrará o Pleno ordinario de xaneiro o mércores 14, ás 19.30 horas, no Salón de Sesións da Casa Consistorial. No caso de non existir quórum na primeira convocatoria, a sesión celebrarase en segunda convocatoria o venres 16 á mesma hora.

Na orde do día inclúense a aprobación da acta da sesión celebrada o 3 de decembro de 2025, varios expedientes de cambio de titularidade ou renovación de concesións do cemiterio municipal e o expediente de investigación dun camiño en Vieiro.

Na parte de control, darase conta das resolucións da Alcaldía e abrirase a quenda de rogos e preguntas.

A documentación correspondente aos asuntos incluídos na orde do día está á disposición dos membros da Corporación na Secretaría Municipal, así como no expediente electrónico correspondente, ao que se pode acceder desde o momento da convocatoria.