Educación e Apoio Familiar
O Programa de Educación e Apoio Familiar do Concello de Viveiro está dirixido a promover o benestar das familias, fortalecendo as súas capacidades educativas e prevenindo situacións de risco social, especialmente no ámbito da infancia e adolescencia.
Trátase dun servizo de carácter preventivo e socioeducativo que ofrece acompañamento profesional ás familias para mellorar a convivencia, a organización do fogar e o desenvolvemento integral dos menores.
Que é?
É un servizo municipal de prevención e apoio ás familias para favorecer o cumprimento das vosas necesidades, o benestar e a plena participación na comunidade.
Quen somos?
Somos educadoras/es familiares especializados/as no traballo con familias que formamos parte do teu equipo de servizos sociais do teu concello.
A quen vai dirixido?
- A todas as familias.
- A centros educativos, centros de saúde, outros servizos comunitarios…
Que facemos?
Orientamos e apoiamos ás familias:
na educación dos vosos fillos/as, sobre como poñer límites e normas, como mellorar as relacións familiares, como resolver conflitos, sobre recursos educativos e de apoio para a conciliación da vida laboral e familiar, etc.
Mediamos e acompañamos ás familias para que participen nos diferentes recursos do concello.
Realizamos actividades grupais coas familias tratanto temas como:
promoción de hábitos saudables habilidades sociais e comunicativas, educación afectiva e emocional, gozo do tempo libre en familia, educación en igualdade, etc.
Onde estamos?
Nos Servizos Sociais do teu concello.