Concello de Viveiro

EVENTOS

⚠️ Este evento xa rematou. Esta páxina consérvase a título informativo.

Ether - An Electronic Odyssey

Ether Festival regresará a Viveiro os días 17 e 18 de xullo cunha nova edición centrada no techno, os sons underground e unha experiencia inmersiva no Parque Pernas Peón.

Ether Festival volverá este verán a Viveiro para consolidar o crecemento da escena electrónica galega cunha nova edición que se celebrará os días 17 e 18 de xullo no Parque Pernas Peón baixo o concepto “An Electronic Odyssey”. O evento combinará música electrónica, contorno natural e unha experiencia inmersiva nun dos espazos máis singulares da comarca.

Entre as primeiras confirmacións do cartel destacan Deetron, un dos grandes referentes do techno europeo; Grade Dahl, artista emerxente vinculada á nova escena techno internacional; e DJ Pepo, figura histórica da electrónica estatal e un dos nomes máis recoñecidos do techno nacional.

Unha edición que volverá apostar pola combinación de talento internacional e propostas nacionais centradas no techno e nos sons underground contemporáneos.

Máis alá do apartado musical, Ether Festival mantén unha identidade moi ligada ao entorno natural de Viveiro, apostando por unha experiencia máis próxima, coidada e diferenciada fronte aos grandes formatos masivos.

Máis información en https://etherfestival.com