Concello de Viveiro

EVENTOS

⚠️ Este evento xa rematou. Esta páxina consérvase a título informativo.
Cultura

Feira do Libro de Viveiro

A Feira do Libro chega a Viveiro

Viveiro volverá converterse nun punto de encontro para as persoas amantes da lectura coa celebración da Feira do Libro de Viveiro 2026, que terá lugar do 13 ao 16 de agosto nos Xardíns de Noriega Varela.

Durante catro días, librarías, editoriais e lectores compartirán un espazo dedicado á literatura, onde será posible descubrir novidades editoriais, adquirir libros con desconto e participar nas diferentes actividades programadas.

Baixo o lema “A porta a universos infinitos”, a Feira do Libro convida a abrir as páxinas de novas historias e a gozar da cultura nun ambiente aberto e accesible para todos os públicos.

Desconto especial

Durante toda a feira aplicarase un 10 % de desconto na compra de libros nos postos participantes.

Horarios

  • Sesión de mañá: 12:00 – 14:00 h
  • Sesión de tarde: 18:00 – 22:00 h

Máis información

A programación completa de actividades poderá consultarse a través da organización das Feiras do Libro de Galicia mediante o código QR do cartel ou na páxina oficial de Librarías de Galicia.