Concello de Viveiro

EVENTOS

⚠️ Este evento xa rematou. Esta páxina consérvase a título informativo.

Festas Covas 2026

As Festas de San Xoán de Covas celebraranse do 23 ao 26 de xuño cun amplo programa de verbenas, tradicións populares, pasarrúas, sardiñada e actividades para todos os públicos.

As Festas en honra a San Xoán Bautista de Covas celebraranse do 23 ao 26 de xuño de 2026 cun amplo programa de actividades relixiosas, musicais e festivas.

O martes 23 de xuño, ás 00:00 horas, terá lugar a tradicional Gran Lumeirada, seguida dunha gran verbena coas orquestras Acordes e New York.

O mércores 24 de xuño comezará cun pasarrúas da Escola de Gaitas “Cacharela de Covas”. Ás 13:00 horas celebrarase a misa solemne e procesión coa Banda da Misericordia dentro do programa Tradigalu da Deputación de Lugo. A continuación haberá sesión vermú coa orquestra Salsarena e, pola noite, gran verbena coas orquestras Salsarena e Capitol.

O xoves 25 de xuño continuará a programación con pasarrúas a cargo de “Non Cho Digo” e da Escola de Gaitas “Cacharela de Covas”. Seguidamente celebrarase a sesión vermú coa orquestra Trebol e ás 20:00 horas terá lugar a tradicional Gran Sardiñada no Campo da Pascua. Pola noite celebrarase a verbena coa orquestra Trebol.

O venres 26 de xuño celebrarase o Día do Neno, con atraccións no campo da festa a prezos populares.