Concello de Viveiro

Cultura

A Feira Renacentista de Viveiro se celebrará do 10 ao 12 de xullo

A feira será presentada o xoves 9, ás 20.00 horas, nos Claustros de San Francisco.
  • A programación incluirá tres xornadas de música e espectáculos, que comezarán o venres ás seis da tarde

Viveiro, 7 de xullo de 2026. A décimo novena Feira Renacentista de Viveiro celebrarase os días 10, 11 e 12 de xullo cunha programación na que se incluirán o mercado, música, animación de rúa, espectáculos e actividades para o público infantil.

A Feira Renacentista será presentada o xoves 9, ás 20.00 horas, nos Claustros de San Francisco. Nesta actividade participarán personaxes caracterizados de época que levarán a cabo una interpretación teatral.

La avenida de Cervantes se pechará desde o venres para dar cabida ao os postos de venda. O ano pasado houbo 41 e este ano case noventa teñen confirmada a presenza na Feira Renacentista, polo que será necesario acondicionar máis espazo. A vía abrirase para servizos e tarefas de limpeza de 7.00 a 10.00 horas.

A xornada inaugural terá lugar o venres 10 de xullo. Comezará ás 18.00 horas coa apertura das actividades. O programa incluirá un pasarrúas musical, a proposta «Sorrisos no vento» e o desembarco de Carlos V na praia de Covas, previsto para as 20.00 horas. Ás 21.00 horas sairá o pasarrúas inaugural desde a praia de Covas ata a Praza Maior. A xornada rematará co pregón inaugural, ás 22.30 horas.

O sábado 11 e o domingo 12 de xullo, a feira desenvolverase cunha ampla programación desde as 11.00 horas, coa apertura do mercado e propostas como «Ashdrok, a árbore sabia», roldas e animación musical, pasarrúas, espectáculos de acrobacias aéreas, personaxes e música renacentista.

O sábado, a programación incluirá ás 22.00 horas o espectáculo de lume «Lume na honra de Carlos V». O domingo, o mercado despedirase ata o vindeiro ano cunha última xornada na que tamén estará presente o espectáculo «Demonium». Ademais, durante os tres días, en horario de mercado, habilitarase un Recuncho Infantil con atraccións ecolóxicas.