A Policía Local de Viveiro identificou ao responsable dos danos nunha fonte municipal de Chavín

Viveiro, 3 de xuño de 2025. A Policía Local de Viveiro identificou ao autor dos danos producidos nunha fonte municipal da parroquia de Chavín o 27 de abril. O causante foi o condutor dun camión que realizaba un cambio de sentido.

Despois de que ocorreran os feitos, a Policía Local iniciou unha investigación co obxecto de esclarecer o sucedido e atopar ao responsable. A conclusión chegou logo de revisar testemuñas e outros indicios atopados na zona.