Concello de Viveiro

Cultura

As entradas anticipadas para Catro Vellos Mariñeiros: A Homenaxe xa están esgotadas

A representación terá lugar o 5 de agosto no Teatro Pastor Díaz.

Viveiro, 29 de xullo de 2026. O Concello de Viveiro informa de que xa se esgotou o reparto anticipado de entradas para a representación de “Catro Vellos Mariñeiros. A Homenaxe”, prevista para o vindeiro mércores 5 de agosto ás 21:00 horas no Teatro Pastor Díaz.

As persoas que non puideron obter a súa entrada durante o período de reserva anticipada poderán recoller as entradas restantes o propio día da función, mércores 5 de agosto, a partir das 20:00 horas, na taquilla do Teatro Pastor Díaz.

A entrega realizarase ata completar a capacidade do recinto, cun máximo de catro entradas por persoa.

O Concello de Viveiro agradece a excelente acollida que está a ter esta representación e lamenta as molestias que esta situación poida ocasionar.