Concello de Viveiro

UrbanismoXunta

As obras na LU-862 comezarán este martes en Covas con regulación semafórica do tráfico

Os traballos de renovación do pavimento iniciaranse na zona dos Castelos, en dirección á Misericordia, e prevese que se desenvolvan ao longo desta semana.

Viveiro, 26 de outubro de 2026. O Concello de Viveiro informa de que mañá, martes 27 de outubro, está previsto que comecen en Covas os traballos de mellora e renovación do pavimento da estrada LU-862, incluídos no proxecto que está a executar a Xunta de Galicia ao seu paso polos núcleos de Viveiro, Covas e a entrada desde Celeiro.

As actuacións comezarán na zona dos Castelos, avanzando en dirección á Misericordia. Durante a execución dos traballos, o tráfico estará regulado mediante semáforos, permitindo a circulación alternativa de vehículos.

Para facilitar a mobilidade, recoméndase aos vehículos lixeiros que circulen en dirección a O Vicedo utilizar vías alternativas, como o paseo marítimo.

Ademais, a medida que avancen os traballos, será necesario liberar as zonas de estacionamento afectadas. O aparcamento estará prohibido nos tramos nos que se estea actuando, que se sinalizarán progresivamente.

A previsión é que os traballos de renovación do pavimento rematen ao longo desta mesma semana, sempre que as condicións permitan cumprir os prazos previstos. Posteriormente, procederase á reordenación dos aparcamentos e á actualización da sinalización.

Esta intervención forma parte do proxecto da Xunta de Galicia para a redución do ruído e da velocidade do tráfico en diferentes tramos urbanos da LU-862, adxudicado á empresa Ovisa Pavimentos y Obras S.L.U. por un importe de 638.922,35 euros.

Recoméndase ás persoas condutoras prestar atención á sinalización provisional e planificar os seus desprazamentos tendo en conta as posibles retencións.