Corte de tráfico na Avenida Ramón Canosa o sábado 24 de maio de 9.00 a 20.00 horas

  • Será entre a marquesiña do autobús e a entrada á Piscina Municipal a causa da montaxe do Resurrection Fest.

Viveiro, 22 de maio de 2025. O tramo da Avenida Ramón Canosa entre a marquesiña do autobús e a entrada á Piscina Municipal permanecerá cortada ao tráfico o sábado 24 de maio, entre as 9.00 e as 20.00 horas, a causa da montaxe do Resurrection Fest.

Os usuarios da piscina poderán acceder á instalación por Lavandeiras, pola Escola de Idiomas. Para chegar, poden tomar a estrada LU-862 e baixar pola rúa Lavandeiras, onde se atopa a gasolineira de Celeiro.