Corte de tráfico puntual na Avenida Ramón Canosa este sábado 21 de xuño pola montaxe do Resurrection Fest

Viveiro, 20 de xuño de 2025. O tramo da Avenida Ramón Canosa comprendido entre a marquesiña do autobús e a entrada á Piscina Municipal permanecerá cortado ao tráfico durante toda a xornada do sábado 21 de xuño, con motivo da montaxe do Resurrection Fest.

Os usuarios da piscina poderán acceder á instalación por Lavandeiras, pola Escola de Idiomas. Para chegar, poden tomar a estrada LU-862 e baixar pola rúa Lavandeiras, onde se atopa a gasolineira de Celeiro.