O Concello de Viveiro e a concesionaria do servizo de abastecemento de auga informan que, malia vertedura detectada no curso alto do río Landro, a calidade da auga subministrada á poboación está totalmente garantida para as próximas horas
Viveiro, 6 de xuño de 2025. Tras detectarse unha vertedura no río Landro que afectou á fauna fluvial en varios puntos do seu percorrido, a concesionaria activou de forma inmediata protocolos de control e seguridade.
A empresa concesionaria traballa para seguir mantendo a calidade da auga subministrada á poboación e mantense en coordinación co Concello e outras administracións para xestionar a incidencia.
Dende o Concello faise un chamamento á cidadanía para facer un uso responsable da auga durante as próximas horas, evitando consumos innecesarios e favorecendo o aforro nos fogares. Esta medida preventiva axudará a garantir a estabilidade do servizo mentres se mantén o seguimento continuo da situación.
O Concello manterá informada da situación á cidadanía.