A Burguer Fest chega a viveiro do 10 ao 13 de xullo

Lugo, 4 de xullo de 2025. Burger Fest, o festival gastronómico itinerante de referencia para os amantes das hamburguesas gourmet e a street food, chega a Viveiro do 10 ao 13 de xullo, na Explanada do Pavillón Municipal. Despois de máis de 20 eventos celebrados en diferentes cidades de España, o festival chega a Viveiro por primeira vez para encher as súas rúas de sabor e bo ambiente.

Durante catro días, veciños e visitantes poderán gozar dun ambiente único cos mellores food trucks de hamburguesas premium de toda España, que ofrecerán pratos con carnes de primeira calidade, opcións vexetarianas e sabores sorprendentes.

Ademais, Burger Fest Viveiro contará con:

Zonas de acollida e entretemento familiar.

Música e DJs en directo.

Rifas, actividades e o mellor ambiente.

O evento terá entrada gratuíta e celebrarase durante catro días, co seguinte horario:

Xoves 10: de 19:00 a 00:00

Venres 11: de 13:00 a 00:00

Sábado 12: de 13:00 a 00:00

Domingo 13: de 13:00 a 00:00

Sorteo especial

Sortearanse cincuenta hamburguesas para canxear durante o festival. Os gañadores anunciaranse o sábado pola mañá.

O Burger Fest ten como obxectivo impulsar o comercio e o turismo local ofrecendo un evento cheo de diversión para todos os públicos que combina comida, música e bo ambiente.

Máis información: @laburgerfest