Concello de Viveiro

Concello

Mariña Gueimunde recibiu no Concello aos responsables da Policía Nacional de Galicia, Lugo e Viveiro

Abordaron na xuntanza a colaboración entre ambas institucións e a importancia da coordinación para garantir a seguridade.

Viveiro, 16 de abril de 2026. Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, recibiu hoxe na Casa do Concello ao comisario principal, xefe superior de Galicia da Policía Nacional; ao comisario, xefe provincial da Policía Nacional; e ao inspector xefe, xefe da Comisaría de Viveiro.

Durante o encontro, a rexedora tivo ocasión de trasladarlles que foi unha honra recibilos no Concello de Viveiro e de poñer en valor a colaboración que se vén mantendo entre a administración local e a Policía Nacional. Tamén suliñou a importancia da coordinación institucional á hora de garantir a seguridade da veciñanza e a boa resposta ante as necesidades do municipio.

Na xuntanza abordouse tamén o traballo conxunto que se desenvolve entre ambas entidades, nun marco de cooperación que resulta fundamental para reforzar a atención á cidadanía e seguir avanzando na prevención, na seguridade e na resposta eficaz ante distintas situacións.

Desde o Goberno local agradeceuse a disposición e o labor da Policía Nacional, ao tempo que se reafirmou a vontade do Concello de Viveiro de seguir mantendo unha colaboración fluída e leal con todas as institucións implicadas na protección e na seguridade da cidadanía.