- Os camións precisan o espazo para acceder ao recinto feiral.
Viveiro, 7 de agosto de 2025. O Concello de Viveiro lembra que os coches que están aparcados no peirao, fronte ao centro da vila, deberán desaloxar o espazo o domingo 10 de agosto por mor da montaxe das atraccións das festas patronais.
A medida tómase para evitar que as caravanas podan sufrir problemas de manobrabilidade en lugares como a boca da estación de autobuses. Os camións cos materiais necesitan ese espazo para acceder ao recinto feiral.
Unha vez que se instalen as atraccións, o aparcamento será aberto ao público de novo.
O Concello de Viveiro agradece a colaboración dos veciños e visitantes.