Concello de Viveiro

O Concello de Viveiro cancela a programación do Samaín e o baile dos maiores previsto para o 31 de outubro

O Concello de Viveiro informa da cancelación das actividades previstas para este sábado, 31 de outubro, con motivo da celebración do Samaín, así como da sesión de baile dos maiores incluída na programación «Viveiro Baila».

Viveiro, 29 de outubro de 2026. O Concello de Viveiro informa da cancelación das actividades previstas para este sábado, 31 de outubro, con motivo da celebración do Samaín, así como da sesión de baile dos maiores incluída na programación «Viveiro Baila».

Deste xeito, quedan canceladas a festa infantil, que ía celebrarse no pavillón Antonio Tarrío, con túnel do terror e inchables; o tardeo con DJs, previsto na Praza Maior; e o baile dos maiores, que ía ter lugar no salón de actos do Conservatorio de Música de Viveiro coa actuación do Dúo Caramelo.

A decisión adóptase ante o tráxico accidente ferroviario acontecido en Toledo, como mostra de respecto polas vítimas e de solidariedade coas persoas afectadas e coas súas familias.

O Concello de Viveiro comunicará proximamente as novas datas nas que se celebrarán as actividades canceladas.

O Concello agradece a comprensión da veciñanza e de todas as persoas que tiñan previsto participar nestas actividades, e traslada as súas máis sinceras condolencias ás familias das vítimas, así como o seu apoio ás persoas afectadas.