O Concello de Viveiro celebra o mércores un pleno ordinario

  • Tomará posesión o novo concelleiro Severino Salgueiro Rodríguez.
  • Inclúe no debate a tramitaciún dun expediente de expropiación forzosa na Xunqueira e una corrección de erros na plantilla de persoal 2025.
  • Na parte declarativa abordarase unha moción do BNG para o impulso do “Espazo Xove”.

Viveiro, 9 de setembro de 2025. O Salón de Sesións da Casa do Concello de Viveiro acollerá o mércores 10 de setembro, ás 19.30 horas, un pleno ordinario da Corporación Municipal.

Na parte resolutiva abordarase a aprobación da acta da sesión anterior e a toma de posesión do novo concelleiro Severino Salgueiro Rodríguez, así como o cambio de titularidade ou renovacións de concesións do cemiterio municipal. Tamén se tratarán a tramitación do expediente de expropiación forzosa da Xunqueira, a corrección de erros na plantilla de persoal 2025 e un recoñecemento extraxudicial de crédito.

Na parte declarativa someterase a debate unha moción do Grupo Municipal do BNG, relativa ao impulso do “Espazo Xove” de Viveiro e á creación dun pequeno auditorio ao aire libre nas pistas.

A sesión pecharase coa parte de control, que inclúe a dación de conta das resolucións da Alcaldía, o informe económico correspondente ao segundo trimestre de 2025 —referido á estabilidade orzamentaria, período medio de pago e morosidade—, e a quenda de rogos e preguntas por parte dos membros da Corporación.

Ségueo a través da nosa canle de youtube aquí.