- O importe inclúe facturas de recoñecemento extraxudicial por 427.600 euros e subvencións nominativas correspondentes á 2023 e 2024 por 63.400 euros
Viveiro, 22 de setembro de 2025. O Concello de Viveiro informa de que, no día de hoxe, fíxose efectivo o pago de 491.000 euros correspondentes a obrigas pendentes do exercicio 2024, derivadas da xestión do anterior equipo de Goberno.
Do total da contía, 427.600 euros corresponden a facturas incluídas en recoñecemento extraxudicial de crédito, mentres que 63.400 euros están destinados a subvencións nominativas dos exercicios 2023 e 2024.
Dende o goberno municipal sublíñase que se continúa a facer fronte aos compromisos herdados, coa vontade de regularizar os pagamentos pendentes cos provedores e entidades beneficiarias, ao tempo que se avanza cara a unha xestión económica máis ordenada e sostible.