Viveiro, 31 de outubro de 2026. O Concello de Viveiro informa de que está previsto que entre o luns 2 e o martes 3 de novembro se realicen traballos de fresado e asfaltado na avenida de Galicia, no tramo comprendido entre a Porta de Carlos V e a glorieta situada nas inmediacións da Oficina de Turismo, diante do supermercado Gadis.
Durante a execución dos traballos manterase un dos carrís habilitado para a circulación, aínda que poderán producirse retencións puntuais debido á presenza de maquinaria e persoal na calzada.
Co obxectivo de facilitar a mobilidade e evitar aglomeracións de tráfico, recoméndase aos vehículos lixeiros utilizar como vía alternativa a rúa Nicolás Cora, circulando pola parte alta da vila.
O Concello de Viveiro solicita ás persoas condutoras que extremen a precaución na zona, respecten a sinalización provisional e atendan as indicacións do persoal encargado da regulación do tráfico.
Agradecemos a colaboración e comprensión da veciñanza ante as posibles molestias ocasionadas durante o desenvolvemento destes traballos.