Viveiro, 10 de decembro de 2025. O Concello de Viveiro porá en marcha este Nadal o programa «Divernadal’25», unha proposta de actividades de lecer dirixida a nenos e nenas de Educación Primaria. O programa desenvolverase os días 22, 23, 24 e 26 de decembro no pavillón Antonio Tarrío, en horario de 10.30 a 13.30 horas.
O «Divernadal’25» ten como finalidade ofrecer un espazo de xogo e convivencia durante as vacacións de Nadal, con actividades adaptadas ás idades do alumnado de Primaria.
As persoas interesadas poden inscribirse nos formularios que poden descargarse na web municipal ou recollerse na Conserxería ou na OMIX. O total de prazas ofertadas é 60.