Concello de Viveiro

Concello

O Concello de Viveiro presenta a primeira edición do programa «Fórmate na Empresa»

Oito mozos e mozas realizarán estadías formativas en catro empresas durante tres meses.

Viveiro, 10 de xullo de 2026. O Concello de Viveiro presentou hoxe a primeira edición do programa «Fórmate na Empresa», no que participarán oito mozos e mozas de entre 18 e 30 anos. A alcaldesa Mariña Gueimunde mantivo un encontro coas persoas seleccionadas e con representantes das empresas que colaboran na iniciativa.

O programa permitirá que os participantes realicen estadías formativas en Gadis, Km 0, Albo Zapaterías e Electromecánicos Viveiro. A actividade comezará o luns 13 de xullo e terá unha duración de tres meses.

«Fórmate na Empresa» está dirixido a persoas inscritas e beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. O seu obxectivo é favorecer a adquisición de experiencia e competencias profesionais mediante a formación práctica en empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia.

A iniciativa forma parte das subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en empresas ou entidades, cofinanciados por la Unión Europea en el marco del programa FSE+Galicia 2021-2027.