O CONCELLO PERMANECERÁ PECHADO ESTE VENRES 23 DE MAIO

Este venres 23 de maio as dependencias municipais permanecerán pechadas con motivo da celebración de Santa Rita, patroa dos traballadores e traballadoras da Administración Local.

As persoas interesadas en rexistrar docuemntos para esta ou calquera administración poderán dirixirse:

Á Delegación Territorial de Pesca, situada na Avda. Gerardo Harguindey Banet (Celeiro).

Ou utilizar calquera outro rexistro administrativo ou a sede electrónica correspondente.

Ligazón á sede electrónica do Concello de Viveiro →

Aínda que é festivo para o persoal municipal, a Biblioteca Municipal manterá o seu horario habitual e non permanecerá pechada.

Desculpen as molestias e grazas pola súa comprensión.