Concello de Viveiro

Cultura

O Conservatorio Profesional de Música de Viveiro abrirá en abril e maio o prazo de matrícula para dous cursos gratuítos de iniciación

A oferta inclúe unha proposta de iniciación musical para nenos e nenas nacidos en 2019 e outra de achegamento ao instrumento para rapaces de entre 8 e 14 anos.

Viveiro, 23 de abril de 2026. O Conservatorio Profesional de Música de Viveiro organizará durante o mes de maio dous cursos gratuítos de iniciación musical dirixidos ao público infantil. A finalidade é achegar a música ás nenas e nenos do municipio e ofrecerlles unha primeira toma de contacto coa formación musical.

A primeira das propostas é un curso de iniciación musical para nenos e nenas nacidos en 2019. O prazo de matrícula para esta actividade estará aberto os días 27, 28 e 29 de abril, con prazas limitadas.

A programación inclúe tamén un curso de iniciación ao instrumento, dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 14 anos. Neste caso, a oferta abrangue as especialidades de clarinete, frauta traveseira, gaita, guitarra clásica, piano, saxofón, trombón, trompeta, violín e violoncello. O prazo de matrícula será os días 4 e 5 de maio, tamén con prazas limitadas.