Concello de Viveiro

Concello

O pleno ordinario de Viveiro celébrase o martes

A sesión terá lugar ás 19.30 horas e incluirá a designación dos festivos locais de 2027.

Viveiro, 3 de agosto de 2026. O Pleno ordinario do Concello de Viveiro celebrarase mañá martes. A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial.

Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo.

A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.