No Teatro Pastor Díaz en horario de 12:00 a 14:00 horas. A entrada será libre ata completar aforo.
Viveiro, 12 de xuño de 2025. O programa de radio Gente Viajera, de Onda Cero, recalará en Viveiro este sábado 14 de xuño para emitir un programa especial en directo desde o Teatro Pastor Díaz, en horario de 12:00 a 14:00 horas. A entrada será libre ata completar aforo.
Presentado por Carles Lamelo, Gente Viajera é un espazo de referencia na radio española dedicado ao turismo, os destinos de interese e a promoción cultural e patrimonial. A emisión desde Viveiro servirá para dar a coñecer os atractivos turísticos do municipio a nivel nacional, dentro dunha acción patrocinada por Turismo de Galicia.
A alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, sinala que “a visita de Gente Viajera é unha gran oportunidade para poñer en valor Viveiro como destino, destacando a nosa riqueza natural, cultural e gastronómica ante milleiros de oíntes en toda España”.
Dende o Concello de Viveiro convidan á veciñanza e visitantes a asistir ao evento e a desfrutar da experiencia radiofónica en directo nun espazo tan emblemático como o Teatro Pastor Díaz.