Viveiro, 28 de outubro de 2025. O Concello de Viveiro informa que, con motivo da celebración do Día de Defuntos, establecerase un cambio temporal no sentido do tráfico na estrada das Nogueiras para facilitar o acceso ao cemiterio municipal e mellorar a seguridade viaria.
A medida estará vixente dende o xoves 30 de outubro ata o luns 3 de novembro, período no que o tramo comprendido entre o cemiterio municipal e a zona de San Lázaro funcionará en sentido único.
O obxectivo desta actuación é ordenar o tráfico e xestionar o incremento de vehículos previsto nas inmediacións do cemiterio para garantir unha circulación máis fluída e segura para condutores e peóns.
O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e solicita o respecto á sinalización provisional e ás indicacións do persoal de tráfico e seguridade durante estes días.