Viveiro, 15 de abril de 2026. A Comida do Maior, que se celebrará o sábado 18 de abril no Val do Naseiro, contará con sesión vermú a partir da unha do mediodía, mentres que o xantar está programado para as dúas e media. A xornada estará amenizada polo Dúo Caramelo, que actuará tanto durante a sesión vermú como no baile posterior, e encargarase de poñer música a unha cita pensada para compartir mesa, convivencia e ambiente festivo.
O prazo para retirar as invitacións continúa aberto ata hoxe na conserxería do Concello de Viveiro, en horario de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.
A Comida do Maior está dirixida a persoas maiores de 65 anos, que deberán presentar o DNI no momento de retirar a invitación. Cada persoa poderá acudir cun acompañante, sendo necesario que se presenten ambas para a súa correcta identificación. O prezo será de 10 euros para as persoas empadroadas e de 30 euros para as non empadroadas.