Obradoiro presencial: Ciberseguridade para Pemes e Autónom@s: O poder das persoas

Dirixido a pemes, persoas autónomas e a calquera persoa interesada en mellorar a súa seguridade dixital.

Desde o Concello de Viveiro convidámoste a participar neste obradoiro práctico no que aprenderás a protexer a túa empresa no mundo dixital: identificar riscos, recoñecer correos fraudulentos e manter seguras as túas credenciais e dispositivos.

📍 Lugar: Aula CeMIT de Viveiro (Claustros de San Francisco)
📅  Data: Martes, 10 de febreiro
⏰  Horario: De 10:00 a 12:00 h