Cartel das Festas de San Roque

🎶 Viveiro prepárase para gozar dunhas Festas de San Roque cheas de música, cultura e tradición entre o 14 e o 17 de agosto.
📍 Na Praza Maior, concertos con:
– De Ninghures – 14 de agosto
– Azúcar Moreno – 15 de agosto
– Dasoul – 16 de agosto
🎤 Ademais, nos Xardíns Noriega Varela:
– Orquestras Suavecito, Escaparate, Supertop
– Dúo Vivarium
✨ Actividades complementarias:
– Exhibición de ximnasia rítmica (Club Ximnasia Viveiro)
– Espectáculo de maxia con Roberto Lolo
– E como colofón, a tradicional sardiñada popular nas Nogueiras 🐟🔥
🙏 O Concello de Viveiro agradece á comisión Viveiro en Festas a súa dedicación e esforzo para facer realidade unha programación tan completa e pensada para todas as idades.