Restricións de estacionamento na rúa Lavandeiras durante o Resurrection Fest

Viveiro, 20 de xuño de 2025. O Concello de Viveiro informa que, debido ás modificacións do tráfico con motivo do Resurrection Fest, non estará permitido o estacionamento na rúa Lavandeiras desde o luns 23 de xuño ás 08:00 horas ata o martes 1 de xullo ás 08:00 horas.

Esta medida afecta ao tramo comprendido entre a antiga Conserveira e o Pósito, co obxectivo de garantir a seguridade viaria e facilitar a circulación, xa que durante este período o vial quedará habilitado en dobre sentido de circulación.

A Policía Local agradece a colaboración cidadá e lembra que, para máis información, poden contactar no teléfono 982 562 922.