Viveiro acolleu unha formación sobre busca de emprego no ámbito dixital

Organizada pola Fundación Cibervoluntarios, desenvolveuse os días 15 e 16 de decembro.

Viveiro, 17 de decembro de 2025. O Concello de Viveiro foi escenario os días 15 e 16 de decembro dunha formación orientada a capacitar aos participantes na busca de emprego no ámbito dixital. O obxectivo foi mellorar as posibilidades dos asistentes no mercado laboral.

A actividade desenvolveuse na aula CeMIT e foi impartida pola Fundación Cibervoluntarios. Durante as sesión, presentáronse ferramentas e recursos dixitais útiles para a procura activa de emprego. Tamén se explicaron estratexias para mellorar a presenza profesional en liña.

A iniciativa enmárcase nas accións formativas que se levan a cabo en Viveiro para favorecer o acceso ao mercado laboral e reforzar as competencias dixitais da cidadanía.