Viveiro presenta a súa programación de Nadal

As actividades desenvolveranse entre o 18 de decembro e o 5 de xaneiro.

Viveiro, 18 de decembro de 2025. O Concello de Viveiro presenta a programación especial de Nadal deste ano. As actividades desenvolveranse entre o 18 de decembro e o 5 de xaneiro. O calendario inclúe propostas culturais, musicais, deportivas e de lecer, así como actividades dirixidas á conciliación familiar, co obxectivo de ofrecer alternativas para todos os públicos.

Xoves 18

  • Último programa do ano da radio «Onda Inclusiva».
    • Actuación de fin de curso do CEP Lois Tobío ás 18.00 horas no Teatro Pastor Díaz.

Venres 19

  • Apertura do Mercado de Nadal «A trastenda de Nicomedes» ás 17.00 horas na sala multiusos da Casa do Concello.
    • Cea de Nadal da Comisión de Festas de Viveiro no Hotel Thalasso Cantábrico Las Sirenas ás 21.30 horas.

Sábado 20

  • Proba da Copa Galicia de Ciclocross en Lavandeiras (Celeiro), a partir das 11.00 horas.
    • Festival de Nadal da Unidade Pastoral de Viveiro ás 17.00 horas nos Claustros de San Francisco.
    • Concerto «Volven os 80» da Banda de Música O Landro ás 20.00 horas no Teatro Pastor Díaz.

Domingo 21

  • III Cronoescalada Monte Castelo en Galdo, de 10.00 a 13.00 horas.
    • Festival de Nadal de Bágoas da Terra ás 18.00 horas no Teatro Pastor Díaz.
    • Inauguración do Belén de Bágoas da Terra ás 20.00 horas na sala de exposicións da Biblioteca Municipal.

Luns 22

  • Retransmisión da Lotería de Nadal no Teatro Pastor Díaz, de 9.00 a 12.00 horas.
    • Inicio do programa «Divernadal» no pavillón Antonio Tarrío, de 10.30 a 13.30 horas, ata o 26 de decembro (inscrición previa).

Martes 23

  • Exposición de cantareiras no Conservatorio, de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.
    • Obradoiro de cantigas de Nadal no Conservatorio ás 18.30 horas.
    • Concerto de panxoliñas na rúa coa Coral Alborada de Viveiro, de 19.00 a 20.30 horas polas rúas da vila.
    • Actuación do grupo Xiró ás 20.30 horas no Teatro Pastor Díaz.

Mércores 24

  • Papá Noel visitará Viveiro no seu trineo. Saída ás 17.00 horas desde a explanada da Variante e recepción de nenos e nenas na Praza Maior.

Venres 26

  • Concerto de «Música nas parroquias» coa Orquestra Trova da Mariña ás 20.00 horas na Escola vella de Galdo.
    • «Santalices» ás 20.30 horas no Teatro Pastor Díaz.
    • Inicio do programa «Ocio Nadal Xuvenil» no pavillón Antonio Tarrío e no pavillón dos institutos, de 18.30 a 22.00 horas. Entrada libre sen inscrición. Actividade tamén os días 27, 28 e 30.

Sábado 27

  • «Tocan as gaitas polo Nadal» polas rúas de Viveiro cos grupos infantís Ledaina e Abrente de Bágoas da Terra ás 18.30 horas.
    • Concerto de panxoliñas da Coral Alborada de Viveiro nas Concepcionistas ás 20.30 horas.

Domingo 28

  • Quedada de fin de ano da Peña Lar. Saída da Praza Maior ás 9.30 horas.
    • «Máxica-Mente» con Saúde Mental e Jorge ás 18.00 horas no Teatro Pastor Díaz (venda de entradas na taquilla).

Martes 30

  • Galicia Magic Fest. Maxia ás 18.00 horas no Teatro Pastor Díaz (venda anticipada en taquilla.com).

Mércores 31 e xoves 1

  • Festa de Fin de Ano no Centro Comarcal, organizada pola Asociación de Veciños de Lodeiro.

Venres 2 de xaneiro

  • Actuación dos Bolechas «As lamberetadas de Nadal» ás 18.00 horas no Teatro Pastor Díaz.

Domingo 4

  • Sorteo do Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro ás 21.00 horas na Praza Maior.

Luns 5 de xaneiro

  • Cabalgata e visita dos Reis Magos. Saída ás 17.30 horas desde a explanada da Variante, percorrendo a avenida de Ferrol, Navia Castrillón, Praza de Lugo, Travesía da Mariña e avenida de Cervantes, para finalizar na Praza Maior, onde recibirán a todos os nenos e nenas.