Concello de Viveiro

ARQUIVO MENSUAL

Cultura

Os Bolechas chegan a Viveiro o domingo 16 de novembro co espectáculo «A muller orquestra»

A función terá lugar ás seis da tarde no Teatro Pastor Díaz.
Cultura

O Concello de Viveiro e o Conservatorio Profesional lanzan un proxecto para levar a música ás parroquias

A iniciativa comezará o xoves 13 de novembro na Casa do Forno de Celeiro. O obxectivo é achegar a actividade musical aos centros sociais e culturais do Concello.
Concello

O Concello de Viveiro aproba por unanimidade a maioría dos asuntos do pleno de novembro

A corporación deu luz verde a catro puntos da orde do día e aprobou dúas mocións para reclamar avances nas obras da fachada marítima de Celeiro e na Vía de Alta Capacidade Costa Norte.
Concello

O Concello de Viveiro recoñece o labor dos coidadores no seu día

A alcaldesa Mariña Gueimunde asinou o convenio de colaboración coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Viveiro.
Urbanismo

O Concello de Viveiro acometerá a mellora dun tramo de saneamento en Celeiro

A actuación permitirá trasladar a canalización que pasa polo medio dunha finca aos límites da propiedade e evitar futuros riscos.