Concello de Viveiro

ARQUIVO MENSUAL

Urbanismo

Viveiro gaña capacidade de xestión sobre vías de carácter local tras a formalización dunha nova transferencia da Xunta de Galicia

O Concello incorpora á súa titularidade o treito inicial da LU-540 e dous treitos da LU-862.
Medio Ambiente

O Concello de Viveiro lembra que o abandono de mobles e residuos voluminosos está prohibido

O Goberno local apela á responsabilidade e insiste en que as canles adecuadas son o servizo gratuíto de recollida a domicilio e o Punto Limpo municipal.
Concello

Convocada a Xunta Local de Seguridade en Viveiro para coordinar os dispositivos da Carreira CAMOVI e a Semana Santa

A reunión celebrouse esta mañá presidida pola alcaldesa Mariña Gueimunde e Olimpia López, subdelegada do Goberno en Lugo.
Deportes

Novos cursos na Piscina Municipal de Viveiro a partir do 16 de marzo

O programa inclúe adestramento de forza, pilates e TRX, coa posibilidade de proba gratuíta durante un mes.
Piscina Municipal de Viveiro
Concello

O mercado semanal dos xoves trasladarase de xeito temporal aos xardíns Noriega Varela

Será entre o 12 de marzo e o 9 de abril, con motivo dos traballos de mellora do pavimento na Praza Maior e nas rúas empedradas da contorna.