Concello de Viveiro

ARQUIVO MENSUAL

Urbanismo

O Concello de Viveiro prepara alegacións para mellorar o proxecto da variante

O obxectivo é reforzar a infraestrutura destinada a sacar tráfico pesado do núcleo urbano e canalizar por fóra do centro os movementos vinculados a Porto Celeiro e á actividade madeireira.
Deputación

O Concello de Viveiro agradece á Presidencia da Deputación o apoio para rehabilitar a Praza de Abastos

A institución provincial comprometeu unha achega de 248.000 euros a través dun convenio para completar o financiamento dun proxecto valorado en 768.000.
Concello

O Concello de Viveiro permanecerá pechado o venres 22 de maio pola celebración de Santa Rita

A biblioteca municipal manterá o seu horario habitual e o rexistro de documentos poderá realizarse noutras dependencias administrativas ou por vía electrónica.
Urbanismo

Portos de Galicia impulsa a mellora da accesibilidade ao aparcadoiro do porto deportivo de Viveiro

A intervención prevé un novo acceso peonil fronte ao semáforo e unha rampla para persoas con mobilidade reducida na entrada sur.
Urbanismo

Sae a licitación a obra de acondicionamento e mellora das vías de acceso ao miradoiro do Monte San Roque

A actuación, promovida polo Concello de Viveiro grazas ao convenio coa Axencia de Turismo de Galicia, conta cun orzamento base de licitación de 121.970,95 euros.