Concello de Viveiro

ARQUIVO MENSUAL

Cultura

O Concello de Viveiro retoma a iniciativa «Viveiro Baila» para maiores

A primeira sesión terá lugar o sábado 17 de xaneiro co Dúo Dilema.
Cultura

López Campos aborda con Mariña Gueimunde as vantaxes da modificación da Lei de Patrimonio Cultural para axilizar trámites e reducir esperas

Na reunión, celebrada en Santiago, tamén se trataron cuestións vencelladas á mellora de infraestruturas culturais de Viveiro.
Medio Ambiente

Aberto o prazo das axudas para a corrección de impactos paisaxísticos en vivendas

As subvencións cubrirán ata o 70% do investimento, cun máximo de 3.000 euros por solicitante, e poderán solicitarse entre o 16 de xaneiro e o 16 de febreiro.
Concello

O Pleno ordinario do Concello de Viveiro celebrarase o mércores 14 de xaneiro

A sesión dará comezo ás 19.30 horas na Casa Consistorial.
Festas

Os Reis Magos visitarán residencias e parroquias antes da Cabalgata do 5 de xaneiro

A primeira parada terá lugar en San Pedro ás dez e media da mañá.