Padrón Municipal de Habitantes
O Padrón Municipal de Habitantes é o rexistro administrativo no que constan todas as persoas que residen habitualmente no Concello de Viveiro. Estar empadroado acredita o domicilio e a residencia no municipio, permitindo o acceso a numerosos servizos públicos e trámites administrativos.
A inscrición no padrón é un dereito e tamén unha obriga para todas as persoas que viven en Viveiro, independentemente da súa nacionalidade. A través deste servizo pódense realizar xestións como altas, baixas ou modificacións de datos persoais e de domicilio, así como a solicitude de certificados e volantes de empadroamento.
Dende o Concello trabállase para ofrecer unha atención próxima e áxil, facilitando que a veciñanza poida realizar estes trámites de maneira sinxela, garantindo en todo momento a correcta actualización dos datos de poboación do noso municipio.
ATENCIÓN NO PADRÓN DE HABITANTES
Infórmase de que a atención presencial no Padrón de Habitantes require cita previa obrigatoria.
Para realizar calquera trámite ou xestión relacionada co Padrón de Habitantes, deberá solicitar cita previa con antelación.
Documentos
- ANEXO I Padrón de habitantes PDF · 166 KB
- Dereitos e deberes dos veciños/as PDF · 78 KB
- Documentación a presentar para realizar a inscrición/modificación PDF · 641 KB
- Cambio de domicilio, pasos a seguir PDF · 121 KB
- Solicitude baixa padrón PDF · 207 KB
- Autorización inscrición vivenda allea PDF · 161 KB
- Consentimento para empadroamento de menores PDF · 223 KB
- Empadroamento de menores en domicilio diferente PDF · 229 KB
- ANEXO I: Non hai resolución de custodia PDF · 218 KB
- ANEXO II: Hai custodia en exclusiva PDF · 232 KB
- Solicitude de renovación inscrición estranxeiros PDF · 227 KB
- Comprobación residencia municipio estranxeiros PDF · 335 KB
- Modelo de representación voluntaria PDF · 751 KB