Concello de Viveiro

ARQUIVO DE NOVAS

BUSCAR

Filtrar as novas por etiqueta

Medio Ambiente

O Concello de Viveiro abriu seis expedientes sancionadores por abandono de aparellos e lixo na vía pública

O Goberno local lembra que cada vertedura ilegal dá lugar a unha investigación para identificar ao responsábel e tramitar a multa correspondente.
Concello

O Goberno de Mariña Gueimunde insta á veciñanza a participar na Comida de Maiores do 18 de abril

Celebrarase no Val de Naseiro e os interesados poden mercar as invitacións entre o 26 de marzo e o 15 de abril.
Deportes

Viveiro convértese no epicentro da ximnasia rítmica coa celebración da I Fase da Liga Provincial

Preto de 800 ximnastas de 12 clubs de toda a provincia de Lugo déronse cita este domingo no Pavillón Polideportivo Municipal.
Urbanismo

Viveiro gaña capacidade de xestión sobre vías de carácter local tras a formalización dunha nova transferencia da Xunta de Galicia

O Concello incorpora á súa titularidade o treito inicial da LU-540 e dous treitos da LU-862.
Medio Ambiente

O Concello de Viveiro lembra que o abandono de mobles e residuos voluminosos está prohibido

O Goberno local apela á responsabilidade e insiste en que as canles adecuadas son o servizo gratuíto de recollida a domicilio e o Punto Limpo municipal.
Concello

Convocada a Xunta Local de Seguridade en Viveiro para coordinar os dispositivos da Carreira CAMOVI e a Semana Santa

A reunión celebrouse esta mañá presidida pola alcaldesa Mariña Gueimunde e Olimpia López, subdelegada do Goberno en Lugo.
Piscina Municipal de Viveiro
Deportes

Novos cursos na Piscina Municipal de Viveiro a partir do 16 de marzo

O programa inclúe adestramento de forza, pilates e TRX, coa posibilidade de proba gratuíta durante un mes.
Concello

O mercado semanal dos xoves trasladarase de xeito temporal aos xardíns Noriega Varela

Será entre o 12 de marzo e o 9 de abril, con motivo dos traballos de mellora do pavimento na Praza Maior e nas rúas empedradas da contorna.
Festas

O Concello de Viveiro asumirá a organización da Feira de Maulas para garantir a súa continuidade

A cita, que se celebra o segundo domingo de maio en Galdo, conta con máis de tres séculos de historia.
Concello

Viveiro traslada ao domingo os actos institucionais e o roteiro da programación do 8M

A comida de confraternidade no Restaurante Louzao mantén o mesmo horario o sábado 7.