Concello de Viveiro

ARQUIVO DE NOVAS

BUSCAR

Filtrar as novas por etiqueta

Praza Maior
Concello

O Concello de Viveiro aproba un Orzamento 2026 de 15,1 millóns de euros

O equipo de Goberno cumpriu o compromiso de sacalo adiante en tempo e forma por primeira vez en moitos anos.
Concello

O Concello de Viveiro optimiza a licitación da Empresa de Servizos Enerxéticos cun aforro de máis de 8 millóns de euros en quince anos

A revisión do contrato realizada polo equipo de Goberno permitirá reducir o gasto anual, incrementar o investimento e mellorar as condicións económicas a longo prazo.
Festas

Viveiro prepara unha Cabalgata de Reis máis aberta á participación da veciñanza

O desfile do 5 de xaneiro permitirá a incorporación de nenos e nenas nas carrozas e de colectivos que desfilen a pé.
Xuventude

O Concello de Viveiro habilita unha aula de estudo nos Claustros de San Francisco durante o Nadal

Abrirá de luns a venres en horario partido e os sábados pola mañá.
Festas

O Concello de Viveiro modifica o percorrido da Cabalgata de Reis por seguridade e visibilidade

A iniciativa enmárcase nunha estratexia máis ampla de descentralización cultural que inclúe concertos e actividades nas parroquias.
Concello

Mariña Gueimunde participou en Santiago nas xornadas de Plans Locais de I+D+i

A alcaldesa de Viveiro defendeu o concepto de innovación ligado ás necesidades reais da cidadanía.
Festas

Viveiro presenta a súa programación de Nadal

As actividades desenvolveranse entre o 18 de decembro e o 5 de xaneiro.
Deputación

O Concello de Viveiro solicita colaboración á Deputación para executar obras de conservación no Teatro Pastor Díaz

As actuacións requiridas son consideradas de carácter prioritario.
Concello

Viveiro acolleu unha formación sobre busca de emprego no ámbito dixital

Organizada pola Fundación Cibervoluntarios, desenvolveuse os días 15 e 16 de decembro.
Concello

O Concello de Viveiro convocará un pleno antes de fin de ano para aprobar os Orzamentos 2026

O equipo de Goberno mantivo unha rolda de contactos con todos os grupos para presentarlles o enfoque económico e escoitar propostas.