Concello de Viveiro

ARQUIVO DE NOVAS

BUSCAR

Filtrar as novas por etiqueta

Festas

Viveiro rememorará o seu pasado nunha nova edición do Mercado Renacentista

Desenvolverase durante os días 4, 5 e 6 de xullo e contará cunhas corenta actividades.
Deportes

Excelentes resultados dos taekwondistas viveirenses nas últimas probas da temporada

Valeria Fernández Vilar vén de proclamarse campioa autonómica e provincial de combate en categoría promesas. Os deportistas da ACD Ujeong conseguiron catro medallas no Open Internacional da Alcarria.
Concello

O mercado da Praza Maior trasladarase o xoves 3 de xullo aos Xardíns Noriega Varela

O cambio de emprazamento débese á celebración do Mercado Renacentista.
Festas

Récord de asistencia na edición deste ano do Resurrection Fest

141.376 persoas procedentes de máis de 50 países acudiron a Viveiro nunha iniciativa que tivo un impacto económico duns 20 millóns de euros.
Urbanismo

O dobre sentido de circulación da rúa Lavandeiras manterase ata o luns 7 de xullo

Por motivos de seguridade, durante a desmontaxe do Resurrection Fest, tamén se prohibirá estacionar entre a conserveira de Albo e o depósito.
Xuventude

A primeira quenda dos campamentos de verán de Viveiro comeza o luns 30 de xuño

As actividades levaranse a cabo no pavillón do CEP Lois Tobío.
Festas

O Concello de Viveiro convoca o luns 30 de xuño unha reunión de organización do Desembarco de Carlos V

Será ás oito da tarde e están convocados os colectivos que formen parte da iniciativa.
Parking A Mariña
Concello

Aprobados por unanimidade todos os puntos do Pleno Extraordinario de Aparcadoiros A Mariña S.L.

Tamén foron acordados os ceses e nomeamentos de conselleiros, incluída a designación da presidencia e vicepresidencia.
Cultura

O Concello de Viveiro recibe unha subvención da Xunta de Galicia para a promoción do uso da lingua galega

A alcaldesa, María Gueimunde, agradeceu á Xunta de Galicia o apoio económico para desenvolver este proxecto, “que reforza o compromiso do noso concello coa promoción da lingua galega como ferramenta de cohesión e identidade cultural”.
Festas

O Concello de Viveiro destaca o impacto positivo do Resurrection Fest no municipio e agradece a colaboración veciñal

A alcaldesa quixo destacar a gran importancia que ten o Resurrection Fest para o municipio, tanto a nivel económico e social como cultural e turístico.