Concello de Viveiro

ARQUIVO DE NOVAS

BUSCAR

Filtrar as novas por etiqueta

Cultura

Os Bolechas chegan a Viveiro o domingo 16 de novembro co espectáculo «A muller orquestra»

A función terá lugar ás seis da tarde no Teatro Pastor Díaz.
Cultura

O Concello de Viveiro e o Conservatorio Profesional lanzan un proxecto para levar a música ás parroquias

A iniciativa comezará o xoves 13 de novembro na Casa do Forno de Celeiro. O obxectivo é achegar a actividade musical aos centros sociais e culturais do Concello.
Concello

O Concello de Viveiro aproba por unanimidade a maioría dos asuntos do pleno de novembro

A corporación deu luz verde a catro puntos da orde do día e aprobou dúas mocións para reclamar avances nas obras da fachada marítima de Celeiro e na Vía de Alta Capacidade Costa Norte.
Concello

O Concello de Viveiro recoñece o labor dos coidadores no seu día

A alcaldesa Mariña Gueimunde asinou o convenio de colaboración coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Viveiro.
Urbanismo

O Concello de Viveiro acometerá a mellora dun tramo de saneamento en Celeiro

A actuación permitirá trasladar a canalización que pasa polo medio dunha finca aos límites da propiedade e evitar futuros riscos.
Deportes

Remata a primeira fase da mellora das instalacións de fontanaría do campo de fútbol Marcos Gómez

A actuación, incluída no convenio do Concello de Viveiro coa Deputación de Lugo, contou cun investimento de arredor de 15.000 euros e permitirá mellorar a eficiencia e seguridade das instalacións deportivas.
Medio Ambiente

O Concello de Viveiro inicia o trámite de exposición pública do proxecto de restauración ambiental das dunas de Covas

O anuncio publicarase mañá no taboleiro municipal e o proxecto poderá consultarse durante vinte días hábiles.
Cultura

O Concello de Viveiro continuará co proxecto formativo «Como se fai unha película» para maiores de 55 anos

As datas e os horarios definiranse en función da dispoñibilidade das persoas que se inscriban. Éxito de participación na xornada inaugural, na que se explicou como iniciarse na creación cinematográfica con móbiles.
Cultura

«A dous pasos do Edén», de Pura Salceda Carballeda, gaña o Premio de Novela Vilar Ponte

«Vera», de Ignacio Vidal Portabales, foi nomeada finalista.
Urbanismo

O sentido do tráfico da estrada das Nogueiras cambiará de xeito temporal polo Día de Defuntos

A medida terá vixencia entre o 30 de outubro e o 3 de novembro.