Concello de Viveiro

ARQUIVO DE NOVAS

BUSCAR

Filtrar as novas por etiqueta

Urbanismo

Viveiro recibe a Memoria Ambiental do PXOM e avanza cara á súa aprobación provisional

O documento será corrixido polo equipo redactor OTEA segundo as indicacións da Consellería de Medio Ambiente e podería levarse a Pleno no primeiro trimestre de 2026.
Cultura

O Concello de Viveiro organizará un obradoiro de cine para maiores de 55 anos

Terá lugar o 27 de outubro e será impartido por Manolo Gómez, gañador de dous premios Goya.
Concello

Publicado no BOP a aprobación do padrón fiscal das terrazas de 2025 en Viveiro

O prazo de exposición pública estará aberto do 20 de outubro ao 7 de novembro, e o pago voluntario poderá realizarse ata o 22 de decembro.
Concello

O Concello de Viveiro recoñecerá a traxectoria de Nito no Foro Económico «Unha mirada ao futuro de Viveiro e A Mariña»

A empresa converteuse nun referente da hostalería na provincia de Lugo. Os interesados aínda poden inscribirse no foro, que ten un límite de 70 prazas.
Deputación

O Concello de Viveiro solicita á Deputación manter en 2025, polo menos, os mesmos convenios que en 2024

A alcaldesa Mariña Gueimunde e o deputado Pablo Rivera analizaron novas vías de colaboración en materia de vivenda e administración electrónica.
Urbanismo

O Concello de Viveiro avanza cara á aprobación do novo PXOM tras unha reunión coa Dirección Xeral de Calidade Ambiental

Confía en pechar nas próximas semanas a fase ambiental, un trámite imprescindible para continuar coa tramitación urbanística.
Deportes

Viveiro renova a dotación de máquinas no ximnasio da piscina municipal

Investíronse 55.336,69 euros na instalación de novo equipamento deportivo, aínda que non obtivo apoio adicional para completar o ximnasio co resto de máquinas e o novo chan
Concello

O Concello de Viveiro organizará o terceiro Foro Económico o sábado 25 de outubro

Celebrarase no Hotel Thalasso Cantábrico Las Sirenas desde as dez da mañá e nel se analizarán as oportunidades que poden xurdir de sectores claves da Mariña.
Cultura

O Concello de Viveiro, presente nun encontro internacional sobre a Semana Santa en Portugal

O Concello de Viveiro participa no encontro internacional sobre a Semana Santa organizado por Holy Week Conference, que se desenvolve entre as localidades portuguesas de Ovar e Santa María da Feira.
Medio Ambiente

A poboación de gaivotas estabilízase en Viveiro tras a campaña de control de 2025

A poboación reprodutora estímase nunhas 115 parellas en Viveiro, Covas e Celeiro.