Concello de Viveiro

ARQUIVO DE NOVAS

BUSCAR

Filtrar as novas por etiqueta

Concello

O Concello de Viveiro fai efectivo o pago de 491.000 euros en obrigas pendentes derivadas da xestión do anterior equipo de Goberno

O importe inclúe facturas de recoñecemento extraxudicial por 427.600 euros e subvencións nominativas correspondentes á 2023 e 2024 por 63.400 euros.
Urbanismo

Celebrada unha comisión de seguimento do PXOM

O documento foi remitido xa ao órgano ambiental competente.
Medio Ambiente

Celebrada a xunta de voceiros para dar conta da situación relativa ao vertido de purín no río Landro

A alcaldesa Mariña Gueimunde reiterou que se está a actuar con total transparencia e instou a BNG e PSOE a que deixen de xerar confusión.
Deportes

Viveiro vibrou con Adrián Ben na final do Mundial de atletismo

Decenas de veciños viron a carreira dos 1.500 metros, na que rematou oitavo, no salón de plenos da Casa do Concello.
Concello

O Concello de Viveiro aclara que a organización do vixésimo aniversario da UNED correspondeu á propia institución educativa

A alcaldesa Mariña Gueimunde respondeu ás críticas de María Loureiro e puxo en valor o compromiso municipal coa UNED e coa súa traxectoria en Viveiro.
Medio Ambiente

O Concello de Viveiro lembra a PSOE e BNG que a comparecencia da alcaldesa para falar sobre o vertido de purín no Landro só pode ir a pleno ordinario

Así o establece o Regulamento Orgánico Municipal; sen embargo, en aras da máxima transparencia, a alcaldesa xa convocou unha reunión de portavoces para informar sobre o tema o xoves 18 de setembro.
Cultura

Mariña Gueimunde asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios, en Mondoñedo

A alcaldesa de Viveiro subliñou a importancia de «preservar estas manifestacións colectivas que forman parte da nosa identidade».
Cultura

As Xornadas Inspiracionais do ADN Gastronómico celebraranse o luns 22 de setembro en Viveiro

O obxectivo da iniciativa é compartir coñecemento e inspirar o futuro da identidade culinaria do Concello.
Urbanismo

O Concello de Viveiro pon en marcha as obras de substitución do colector de saneamento do río Loiba

O investimento é de 107.667,19 euros e o obxectivo é eliminar os vertidos de augas residuais ao medio natural.
Concello

O Concello de Viveiro celebra o mércores un pleno ordinario

O Salón de Sesións da Casa do Concello de Viveiro acollerá o mércores 10 de setembro, ás 19.30 horas, un pleno ordinario da Corporación Municipal.