Concello de Viveiro

ARQUIVO MENSUAL

Deputación

Mariña Gueimunde agradece á Deputación o apoio aos proxectos de Viveiro

A alcaldesa acompañou a Carmela López, presidenta da institución provincial, na visita ás obras e proxectos financiados con cargo ao Plan Deputación en Covas.
Concello

O Concello de Viveiro forma ao persoal municipal no uso de desfibriladores semiautomáticos

A formación impártese hoxe e mañá tras a instalación dun novo DESA na Casa do Concello para reforzar a resposta ante posibles emerxencias sanitarias.
Medio Ambiente

Viveiro reforza no Día Mundial do Medio Ambiente a concienciación sobre a importancia de protexer o sistema dunar da praia de Covas

O Concello pon en valor os traballos de rexeneración que están en marcha e lembra a necesidade de respectar as dunas para favorecer a súa recuperación.
Urbanismo

O Concello de Viveiro formulará alegacións ao proxecto da variante co apoio de Por Viveiro

O goberno local mantivo unha xunta de voceiros para tentar consensuar as propostas municipais e defenderá melloras orientadas a reducir o tráfico pesado no núcleo urbano.
Concello

O pleno ordinario do Concello de Viveiro celebrarase o mércores 3 de xuño

Nel abordaranse asuntos como as taxas dos matrimonios civís no Pazo da Misericordia e unha moción sobre a variante.